O Burela Pescados Rubén saldou o seu segundo envite de pretemporada cunha derrota (4-2) na pista do Poio Pescamar nun partido típico de pretempada no que as locais estiveron máis acertadas na definición. Bea Mateos e Peque marcaron os goles mariñaos. O Burela Pescados Rubén continúa coa súa posta a punto e nos vindeiros días afrontará novos compromisos ante o A Fervenza, Viaxes Amarelle e Valdetires FSF.
Próximos partidos
A Fervenza – CD Burela FS Pescados Rubén
Día: 30/08/2014 Hora: 19.00 Lugar: Pavillón municipal de San Sadurniño (A Coruña)
Competición: Copa Xunta de Galicia
CD Burela FS Pescados Rubén – Viaxes Amarelle
Día: 03/09/2014 Hora: 18:00 Lugar: Pavillón Vista Alegre de Burela
Competición: Amigable de presentación
CD Burela FS Pescados Rubén – Valdetires FSF
Día: 07/09/2014 Hora: 18:00 Lugar: Pavillón Vista Alegre de Burela
Competición: Copa Xunta de Galicia
Peque. A xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén foi convocada pola Selección Española á concentración do combinado nacional, do 24 ao 30 de agosto, que se celebra na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).