Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas vencen no primeiro encontro de pretemporada co debut da porteira cadete do Viveiro FSF

O Burela Pescados Rubén iniciou os seus partidos de pretempada con duelos galegos. O conxunto feminino mediuse ao Viaxes Amarelle coa cadete Nerea Abad -do Viveiro FSF- na portería. A pesar de que as rivais das laranxas na Primeira División Nacional feminina non llelo puxeron fácil ás pupilas de Quico Otero, as burelesas venceron por 4 goles a 7 despois dunha escasa semana de adestramentos.

“É sorprendente, pero é o que hai. Patri continúa recuperándose do esguince de xeonllo que arrastra desde o ano pasado e recordemos que Jozi foi intervida fai 12 días por un problema meniscal. Por esta razón debutou unha rapaza de 13 anos”, explicou o técnico laranxa. Neste sentido, o Burela Pescados Rubén agradece especialmente a colaboración da entidade vivariense.

Derrota para os de Juanlu Alonso en Ferrol
O equipo masculino estreou o seu calendario de partidos de pretemporada ante O Parrulo Ferrol, conxunto da Segunda División que estrea esta tempada a Diego Ríos no banquiño, cunha derrota por 6 goles a 0. Os locais souberon ler moi ben o partido dende o comezo e xa gañaban por 4 a 0 no descanso. Os bureleses faltos de ritmo, afrontaron o segundo tempo mostrando un mellor xogo chegando a crar ocasións de gol. Aínda así, os de Juanlu Alonso non lograron bater a meta ferrolá. O técnico resto importancia á derrota porque cre que “é un partido de proba”. Así mesmo, engade que os rapaces están “traballando ben”. De feito, nestas dúas últimas semanas, os laranxas sufriron unha alta carga de traballo que se verá diminuída nas vindeiras.

Exit mobile version