Site icon Crónica3.com A Mariña

As xornadas de verán da Universidade Rural de Barreiros, promovidas polo C.C. Ollomao, terán lugar os días 29, 30 e 31 de agosto

D+¡ptico xornadas veran UR-page1Barreiros, 25 de agosto de 2014.- O Colectivo Cultural Ollomao presenta as primeiras “Xornadas de verán da Universidade Rural de Barreiros”. Terán lugar durante tres días consecutivos, 29, 30 e 31 de agosto, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. A participación nestas xornadas é libre e gratuíta, non sendo preciso terse anotado por adiantado; e a asistencia un dos días non implica a participación en todas elas.

O programa, elaborado en función das demandas das persoas asistentes ao primeiro curso da
Universidade Rural de Barreiros, é o seguinte:

Venres 29 de agosto
20h.
“O uso ilexítimo do poder na reforma da administración de xustiza”.
Impartida por Luís Villares. Maxistrado no Xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Lugo. Coordinador en Galiza de Xuíces para a Democracia e membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

Contido:
Utiliza o Estado o poder dun xeito ilexítimo? Utilízanse as reformas da administración de xustiza
para evitar o control xudicial sobre os outros poderes do Estado? É posible o acceso da
cidadanía a unha xustiza universal, gratuíta, achegada á cidadanía e imparcial? É posible unha
xustiza xusta? Como nos afectan á cidadanía as reformas xudiciais? Preténdese xustiza ao
servizo da xente ou ao servizo dos outros poderes?

Sábado 30 de agosto
De 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00h.
“Conservación de alimentos”
Impartido por Espazo agroecolóxico “ A Estruga”.

Contido:
A pequena horta para autoconsumo sempre estivo e estará presente na inmensa maioría dos fogares galegos. A sobreprodución de alimentos, sobre todo os da época de verán, fixo que a tarefa de conservar os alimentos convertérase en algo cotiá ao longo da historia. Por iso mesmo, o obxectivo da conservación de alimentos é conseguir o control das diversas reaccións que, por efectos físicos (calor, luz), químicos (oxidación) ou biolóxicos (enzimas, microorganismos, fungos, bacterias), teñen lugar nos alimentos e garantir así a non alteración das súas propiedades nutricionais moito tempo despois.
Nota: As persoas que asistan a esta xornada deben traer tarros de vidro dun só uso previo para
a súa utilización no obradoiro.

Domingo 31 de agosto
De 10:00 a 13:00.
“Relaxación: o que podes facer para mellorar a túa vida”.
Impartido pola psicóloga Juana Blanco.

Contido:
A relaxación aporta beneficios varios para o noso corpo como o é a diminución do ritmo cardiaco e da presión arterial, axuda a mellorar algunhas dores reducindo a tensión muscular e contribúe a acadar un estado de descanso máis profundo. Nesta sesión practicaranse exercicios nos cales as persoas asistentes aprenderán a respirar e camiñar correctamente, así como a practicar a tensión-relaxación, entre outros, de cara a comprender mellor o noso corpo.

Nota: As persoas que participen nesta xornada deben traer roupa e calzado deportivo, calcetíns, un coxín, unha manta e unha esterilla.

Exit mobile version