Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela recibiu este sábado as actividade gratuítas do ‘Lugoteando’ da Deputación

lugoteando-burelaBurela recibiu este sábado as actividades lúdico-deportivas gratuítas do Lugoteando da Deputación tras o éxito acadado no Valadouro, O Incio e A Pobra do Brollón, que reuniu a preto de 250 participantes. A praia urbana acollerá, entre as 15:00 e as 20:00 horas, as actividades pensadas para todos os públicos, que este programa da institución luguesa leva por toda a provincia. O organismo provincial, que aposta polo lecer ecolóxico como oportunidade económica, ofrece 100 prazas para que participen persoas de todas as idades, a custe cero, nas seguintes actividades, totalmente respetuosas co entorno:

– acuáticas: surf, deporte que consiste en manter o equilibrio de pé sobre unha táboa que é arrastrada a gran velocidade por unha onda que rompe; paddle surf, forma de desprazamento na que o navegante vai cun remo sobre un táboa de surf ou bolas acuáticas, pelotas de plástico transparente coas que se pode camiñar sobre a auga.

– terrestres: simulador de surf, que permite experimentar dun xeito dinámico a sensación de surf e que serve para aprender os primeiros pasos do equilibrio nunha táboa grazas a unha corrente de auga; colchonetas ou gyroboard, un monopatín estático co que realizar diversos xiros e maniobras.

100 prazas para “lugotear” en Guitiriz
Tras a xornada de hoxe en Burela, a Deputación desenvolverá, o vindeiro venres 29, as actividades de Lugoteando en Guitiriz. A praia fluvial de Parga acollerá unha ampla oferta de actividades lúdicas, totalmente respectuosas co entorno, con outras 100 prazas gratuítas. Bolas acuáticas para flotar sobre a auga; scooters acuáticos para mergullarse como golfiños; paddle surf, que tonifica todos os músculos ó remar a bordo de táboas de surf ou simulador de surf que permite experimentar a sensación de deslizase sobre as ondas, son algunhas das actividades, que como en todos os casos están pensadas para persoas de todas as idades, e que terán lugar de 15:00 a 20:00 horas, no entorno deste municipio chairego.

Para participar só é preciso inscribirse en www.deputacionlugo.gal ou no 982-260-147. Os menores de idade deberán presentar unha autorización firmada polos pais ou titores. No caso de quedar prazas libres, os interesados poderán inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren.

Outras 300 en Vilalba, A Fonsagrada e Lugo
Tamén está aberto o prazo de solicitude doutras 300 prazas gratuítas (100 por Concello) para as próximas citas do Lugoteando nas mencionadas canles (www.deputacionlugo.gal e 982-260-147). O calendario é o seguinte:

– 5 de setembro: Vilalba, no complexo da Magdalena.
– 7 de setembro: A Fonsagrada, na Praza do Concello.
– 6 e 7 de setembro: Lugo, na área recreativa de Los Robles.

Deste xeito, a Deputación achega o Lugoteando a todas as zonas da provincia (Sur, centro, Costa e Montaña), sendo, no seu conxunto, un total de 800 as prazas ofertadas a custe cero.

Esta é a 5ª edición desta programación, coa que a institución aposta polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando potencia o ocio medioambiental e o turismo, ó tempo que contribúe a impulsar negocios lucenses de diferentes sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.

Exit mobile version