Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmen Cruzado e Beni Mántaras asinaron exemplares de ‘La playa de las Catedrales y sus entornos’ na Feira do Libro de Viveiro

Viveiro, 17 de agosto de 2014. A caseta da librería Lector Nobel, de Burela, na Feira do Libro de Viveiro acolleu na tarde deste sábado a firma de exemplares da publicación La playa de las Catedrales y sus entornos por parte dos seus autores, os xornalistas Beni Mántaras e Carmen Cruzado. Foi o segundo acto promocional do libro, logo da presentación celebrada o pasado 23 de xullo no Parador de Turismo de Ribadeo.

Carmen Cruzado e Beni Mántaras agradecen aos propietarios da librería Lector Nobel, de Burela, a organización do acto celebrado na Feira do Libro de Viveiro: “desde o primeiro momento Patricia e Arturo mostraron un gran interese pola nosa publicación e estanse implicando ao máximo na súa promoción e comercialización. O mesmo está ocorrendo con outras moitas librerías e demais establecementos da provincia que teñen o libro á venda”.

La playa de las Catedrales y sus entornos é unha publicación de 160 páxinas que inclúe outras tantas fotografías e textos en galego e castelán dedicados aos atractivos turísticos da provincia de Lugo nun percorrido que comeza no famoso areal de As Catedrais e termina nos Canóns do Sil. O prólogo é obra da coñecida xornalista Esther Eiros, directora e presentadora do programa Xente Viaxeira, en Onda Cero Radio.

Polo momento, o libro está á venda nunha vintena de librerías e outros establecementos da Mariña, Lugo e Monforte de Lemos.

Exit mobile version