O artista barreirense Celso Dourado sinala que “como colofón da programación do Eido Dourado este venres pechamos o ciclo de concertos, que se viñeron celebrando este verán, tanto no Eido coma no cámping, e facémolo con Cé Orquetra Pantasma. Baixo este nome atópase todo un virtuoso da música, estamos a falar de César Freiria, un grande apaixonado dos instrumentos musicais, que formou parte de grupos punk ou de A Roda. Ten unha bagaxe e unha formación incrible, rodease dun montón de cachivaches para facer música. É un espectáculo velo actuar”.
Dourado engadiu que “a cita terá lugar a partir das once da noite nas terrazas cámping Gaivota. Será o último evento desta tempada, será o broche final á nosa programación. Agardamos que o tempo nos acompañe e alí estaremos pechando este ciclo musical”.