Site icon Crónica3.com A Mariña

Cen nenos e nenas participaron nas actividades deportivas que durante o verán organizou o Concello de Burela

290814 Foto Os Castros BurelaBurela, 29 de agosto de 2014.- No pavillón dos Castros foron clausuradas as actividades deportivas que durante o verán organizou o Concello de Burela e nas que participaron cen nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos. Ao acto asistiron o alcalde, José Mª González Barcia, e as concelleiras de Educación e Deportes, Mónica Pedre e Beatriz Piñeiro.

A edil Beatriz Piñeiro lembrou que “todas as actividades tiveron lugar nas mañás do verán dende o 1 de xullo ao 28 de agosto. Os luns houbo patinaxe lúdico, os martes e os venres @s nen@s gozaron de xogos na praia, os mércores tivemos baloncesto coa colaboración de CB Burela e os xoves xogos tradicionais e multideporte”. A toda esta oferta acudiron 100 nenos e nenas divididos en dous grupos de idade: de 5 a 7 anos e de 8 a 12 anos.
Desde o equipo de goberno subliñan que “todas estas actividades foron gratuítas. Deste xeito demostramos o noso compromiso cos nosos veciños e veciñas para facilitarlles a conciliación da vida laboral e familiar en Burela tamén durante o verán”.

A concelleira de Deportes sinalou que “tamén tivemos os días 12, 13 e 14 de agosto un torneo de baloncesto 3 x 3 nas categorías mini, benxamín, alevín e infantil na praza da Mariña. No mesmo déronse cita 12 equipos cuns 40 participantes. Os días 19 e 20 de agosto houbo torneo de baloncesto 3 x 3 na categoría senior con 8 equipos e 35 xogadores. E durante esta semana, na que nos atopamos, está a ter lugar un torneo 3 x 3 de fútbol sala nas categorías sub 12, sub 14 e sub 16 con 22 equipos e uns 80 rapaces e rapazas disfrutando desa cita. E o pasado domingo houbo carreira popular na que se deron cita 60 atletas de distintas idades”.

Exit mobile version