Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo acollerá este sábado o XVIII Mercado Tradicional e a XXXVI Queimada Popular

presentacion_queimadaCervo, 19 de agosto de 2014.- O Concello de Cervo e a asociación cultural Airiños de Xunco presentaron hoxe o cartel e o programa de dúas actividades tradicionais coas que se pecharán as festas patronais de Cervo. Trátase do XVIII Mercado Tradicional e a XXXVI Queimada Popular, que terán lugar o sábado día 23 de agosto. Un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, o presidente de Airiños do Xunco, Rafa Blas, e o tesoureiro, Carlos Sanz.

A mañá arrincará co Mercado Tradicional, a partir das 10 h. na praza do Souto de Cervo e nas rúas próximas. En total, haberá entre 80 e 90 postos de venda procedentes das catro provincias galegas, Asturias e León e que ofrecerán produtos de artesanía, repostería caseira ou de comida (polbo, chicharros, churrasco…). A maioría dos postos son fieis a esta cita e repiten edición tras edición pero os asistentes tamén poderán atopar algúns novos.
En canto á Queimada Popular, terá lugar a partir das 23 h. na praza do Souto. Unha festa de Interese Turístico Galego que comezará cun espectáculo tradicional e que rematará cunha grande queimada para o público. Unha representación na que compiten as forzas do mal, encarnadas en bruxas, demos e outros seres do inferno, e as do ben, personificadas nos veciños do pobo.

Un espectáculo que segue ese mesmo fío argumental todos os anos pero que en cada edición cambia a súa posta en escena e os efectos, que teñen moita presenza, dende o fume e o lume ata as luces e as músicas. Nesta ocasión o espectáculo estará baixo a dirección de Eva Martínez Baltar e incluirá certas novidades que se desvelarán ao longo da representación.

A edil de Cultura destacou que estes dous eventos “tienen una larga tradición en Cervo pero su éxito va en aumento cada año”. Alonso defendeu a colaboración do Concello con estas dúas citas como unha forma de “apoyar nuestra historia, nuestras costumbres y mantener vivas nuestras fiestas” e, ao mesmo tempo, “de atraer visitantes y turistas en la época veraniega, llenando de actividad las calles de Cervo”.

Exit mobile version