Site icon Crónica3.com A Mariña

Cinema de terror ó aire libre en Ribadeo

A penúltima película do ciclo OLLO DE VIDRO dedicado ao terror proxectarase este luns 18 de agosto a partir das 22.30 horas nas escaleiras de Buestelo ou na Casa da Xuventude se o tempo non permite a proxección no exterior. O filme desta sesión será Dementia 13, unha película de Coppola de 1963 producida por Roger Corman e con William Campbell, Luana Anders, Bart Patton, Mary Mitchell, Patrick Magee e Eithne Dunn, no elenco.

Exit mobile version