Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurado en Barreiros o curso de informática para nen@s da aula CeMIT

210814 Foto clausura curso BarreirosEste xoves 21 de agosto tivo lugar a clausura do curso de informática para nen@s que se impartiu na Aula CeMIT do Concello de Barreiros durante o mes de agosto. No curso, que estivo dividido en dous grupos en función da idade dos asistentes, “@s nen@s aprenderon mecanografía, manexo básico dun procesador de textos, a crear presentacións, a organizar os arquivos en carpetas, búsqueda de información e imaxes desde google, correo electrónico e almacenamento na nube, isto último só no grupo dos maiores”, explicou Manuel Pérez, axente TIC da Aula CeMIT de Barreiros. Pérez e o alcalde, Alfonso Fuente, fixeron entrega dos diplomas correspondentes aos nenos e nenas que acudiron a este curso.

Exit mobile version