Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurado o programa “Xuventude Activa 2014” en Xove

CLAUSURA XUVENTUDE ACTIVA (2)Xove, 20 de agosto de 2014.- Durante as mañás dos martes, mércores e xoves dos meses de xullo e agosto estiveron realizándose distintas actividades dirixidas a nenos/as e rapaces/as de 10 a 16 anos.

Estas actividades enmarcáronse dentro do Programa de Voluntariado do Concello de Xove “Xuventude Activa 2014” ; durante estes dous meses cinco voluntarios do Concello, de idades comprendidas entre 17 e 20 anos, axudaron aos técnicos cos 25 participantes.

A través deste proxecto, realizáronse as seguintes actividades:

Tics: O técnico de informática do Concello, Daniel López, coa axuda dos voluntarios impartiu clases de informática, nelas viron Windows Xp/7, Microsoft Word, Photoshop Cs2 e Internet.

Cociñarte. Fixemos cos nenos un almorzo saudable, un xantar sano e variado, unha merenda- cea sinxela pero sá.

Play, learn and grow together. Aproveitando que unha das voluntarias está cursando un grado en linguas modernas, pensamos en ensinar aos nenos a divertirse e pasalo ben en inglés.

Actividades da Natureza. O sendeirismo e a orientación son dúas formas de entrar en contacto coa natureza case sen que nos decatemos, estas dúas actividades axudan a fomentar entre outras cousas, o coidado do medio ambiente, o compañeirismo, a inclusión, etc.

Recuncho de Tarefas. No noso recuncho de tarefas imos realizar varios obradoiros entre os que destacan as distintas tarefas con distintos materiais, goma eva, carozas dos pinos, papel, goma, etc.

Diversidade e inclusión. Os obradoiros que levamos a cabo dentro deste bloque están relacionados coa diversidade, os nenos aprenderon a respetar as diferencias.

Este 19 de agosto as nenas e nenos participantes nestas actividades, coa axuda dos voluntarios, fixeron uns pinchos para a inauguración da exposición dos traballos feitos ao longo do verán, a cal estará aberta ata o día 23 no Centro Xuvenil de Xove, no horario de apertura do centro.
A esta inauguración asistiron, ademáis dos pais e nais dos participantes, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira Ana Abad.

Exit mobile version