Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurados os cursos de tenis aos que asistiron durante o verán 25 nenos e nenas en Burela

280814 Foto tenis BurelaBurela, 28 de agosto de 2014.- O alcalde, José Mª González Barcia, e as concelleiras de Educación e Deportes, Mónica Pedre e Beatriz Piñeiro, asistiron á clausura dos cursos de tenis, que organizou o Club de Tenis de Burela durante o verán.

A edil Beatriz Piñeiro dixo que “aos cursos, celebrados nas instalacións da Marosa, asistiron 25 nen@s de distintas idades, algo que a xuízo do equipo de goberno é moi positivo porque significa que a decisión que adoptamos no seu día de poñer a disposición do Club de Tenis as pistas de tenis da Marosa, está a dar os seus froitos”.

Para a concelleira de Deportes “nada mellor que sexan precisamente os nenos os que usen as pistas, e nada mellor que sexa este club, que se está caracterizando por facer ben as cousas, quen canalice este tipo de actividades”.

Piñeiro lembrou que “durante este ano a colaboración entre Concello e Club de Tenis foi moi estreita. De feito, o Concello no 2013 o que fixo foi acondicionar ben as pistas de tenis que se estaban deteriorando, e agora mesmo grazas á colaboración entre Concello e Club, as instalacións están nun estado moi bo. Imos confiar en que esta colaboración siga existindo no futuro, e nese sentido, nos próximos días imos manter unha reunión a fondo co Club de Tenis para ver cales son os campos nos que podemos seguir a colaborar”.

Exit mobile version