Site icon Crónica3.com A Mariña

Co concerto de música de cine da Banda de Música Municipal de Ribadeo rematou o ciclo “Agosto musical 2014”

300814 Foto concerto banda 1Ribadeo, 30 de agosto de 2014.- O ciclo Agosto Musical 2014, organizado pola asociación ribadense Amadores da Música, rematou onte á noite co concerto dedicado á música de cine que ofreceu a Banda de Música Municipal de Ribadeo no parque de San Francisco, onde se reuniron centos de persoas.

A Banda ribadense, dirixida por David Ballester, ofreceu temas pertencentes a bandas sonoras de películas, que eran proxectadas nunha pantalla xigante ao mesmo tempo que soaba a música.

Este ciclo incluíu tamén actuacións da sección de percusión da Banda de Ribadeo xunto co grupo Calabash, baixo a dirección de Marcos Rodríguez; da sección de vento madeira da Banda xunto con grupo Ribadeo Clarinet Connection, dirixido por David Ballester; e da sección de vento metal da Banda xunto co quinteto Ribadeo Brass, coa dirección de Rubén Solloso.

Exit mobile version