Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza este domingo a XXIX Semana do Teatro Afeccionado no Valadouro

Ferreira do Valadouro, 29 de agosto de 2014.- Como ven acontecendo nos últimos 29 anos, na semana previa ás festas patronais de Ferreira, máis coñecidas popularmente, como Festas do Oito, vense celebrando a semana do teatro afeccionado que nas súas orixes organizaba a asociación cultural Amado Lar e que, co paso do tempo, tivo que pillar as rendas o Concello do Valadouro.

Nesta ocasión aparecen tres novos grupos teatrais que suben por primeira vez ás taboas en Ferreira (Trípode, Pico do Castro e Os Maruxos) e tamén contamos con dous dos clásicos da semana do teatro do Valadouro (O Bordelo e Axouxeres).

As citas coa semana do teatro comezan o vindeiro domingo, cun grupo de exalumnos do Ies de Alfoz-Valadouro: A Maseira, que nos van a representar a obra “Os anxos do apocalipse”, unha idea orixinal de Pepe V. Peinó. Este grupo sempre tivo moi boa acollida no escenario valadourés no que xa é a terceira edición na que actúan.
A seguinte cita,o luns 1 de setembro, un grupo de recente creación, da vila mariñá de Foz, Pico do Castro que representará a obra “De Vello… Gaiteiro” de Manuel Lugilde Penelas.

Un clásico entre os clásicos do teatro afecionado na mariña lucense, gañador de numerosos premios, tócalle o turno o martes , 2 de setembro: O Bordelo coa súa ultima obr: “Os amores do Mariñán” orixinal de Francisco Piñeiro.
O cuarto día, 3 de setembro, tócalle o turno o grupo de vilaronte Axouxeres coa obra “descontrol hospitalario” de Román Sarmentero.

O xoves, a pesares que levan actuado varias ocasións, pola mariña luguesa, estrénanse nas taboas de Ferreira o trio humorístico Trípode coa obra “Apedreando”. Unha idea orixinal de Pepe Peinó.

Remata a semana do teatro cun grupo que renace con xente e ideas novas pero ó mesmo tempo con actores que xa actuaron en ocasións anteriores. Estrenamos o grupo “Os Maruxos” vinculados á asoc. Cultural Amado Lar coa obra “Un raposo no poleiro” de José Juan “Xaque”. Este estreo será o venres, 5 de setembro.

Todas as representacións serán ás 22:00h. no salón de actos da casa da cultura de Ferreira.

Exit mobile version