Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado da Deputación sobre as crítica do PP ás cláusulas de contratación do servizo de conservación de estradas

Ante as críticas verquidas polo Partido Popular sobre as cláusulas de contratación para o servizo de conservación de estradas, dende a Deputación de Lugo comunicamos que:

1º- A de Lugo é a primeira Deputación en España e a primeira administración en Galicia que inclúe cláusulas sociais para blindar as condicións dos traballadores das empresas contratadas, como ocorre neste caso.

É importante salientar que esta ambiciosa medida foi impulsada polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro ata o Parlamento Galego para que se aplicara en todos os contratos públicos, mais a proposta foi rexeitada polo presidente da Xunta.

2º- Neste caso, a Deputación de Lugo non pode saltarse a lei vixente, polo que denunciamos o descoñecemento xurídico do Partido Popular á hora de facer unha crítica tan infundada

Se o PP coñecese a lei, sabería que o artigo 27 do Convenio Estatal do Sector da Construción aplicable á conservación de estradas di que as empresas licitadoras teñen o dereito de solicitarlle a información sobre os traballadores ás empresas que actualmente están prestando este servizo, e estas están obrigadas a facilitarllas.

No caso de que esta información non fose entregada, tal e como obriga a lei, a Deputación poría este feito en coñecemento da Inspección de Traballo ou solicitariámoslla oficialmente, obrigándoos así a dar esa información.

Exit mobile version