Site icon Crónica3.com A Mariña

Concurso de castelos de area en Xilloi e ruta Morgallón – Río Sor

Esta semana hai varias actividades socioculturais previstas no concello do Vicedo, pero a máis inmediata celebraranse este martes 19 ás 16.00 horas na praia de Xilloi: o xa tradicional concurso de castelos de area con premios para as categorías infantil, xuvenil e adultos.

O mércores, dentro dos Mércores de Natureza, está prevista unha ruta de sendeirismo emblemática na comarca: a ruta Morgallón-Río Sor-Morgallón (PR-G 8), de 9 quilómetros de percorrido polo entorno do Río Sor. O punto de encontro será a Casa da Cultura ás 10.00 horas e desde ahí o desprazamento será en coches particulares ata a zona de Morgallón para comezar alí a camiñar esta ruta, histórica xa, porque foi a primeira en homologarse na Mariña en setembro de 2001. A ruta guiada é gratuíta.

Máis información sobre a ruta en: http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=33804&ctre=23 ou en http://www.concellodovicedo.org/rutasdesenderismo.php.

Exit mobile version