Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de chaves na Asociación “A Mariña”

entregadechavesEste xoves 21 de agosto D. Marco Insua, propietario da Constructora “Arcobralia”, fixo entrega á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” das chaves dun vehículo que deixa así a disposición das necesidades dos diferentes dispositivos cos que conta a mesma. Esta donación supón unha mellora na atención aos usuarios, xa que nos permite ampliar a posibilidade de saidas e diversificar as actividades a realizar no tempo de ocio cos mesmos. Este aspecto é fundamental para o colectivo, xa que un tempo de ocio positivo aumenta significativamente a calidade de vida das persoas con enfermidade mental crónica, e polo tanto favorece a rehabilitación das mesmas.

Exit mobile version