Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo rematan o seu traballo os socorristas que durante o verán velaron pola seguridade dos bañistas nas praias burelesas

Burela, 30 de agosto de 2014.- Este domingo rematarán o seu traballo os socorristas que durante todo o verán velaron pola seguridade dos bañistas nas praias de Burela.

Desde o equipo de goberno sinalan que “afortunadamente non se produciron incidentes de importancia. Foi un verán tranquilo nos areais do noso concello”. E piden precaución aos usuarios dos areais bureleses a partires do vindeiro luns, 1 de setembro: “os bañistas teñen que saber que desde o luns non haberá servizo de socorrismo, polo que lles pedimos que extremen as precaucións”.

Exit mobile version