Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves dan comenzo en Mañón as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que organiza a Asociación Nordés

Mañón, 19 de agosto de 2014.- Este xoves 21 de agosto ás 20:30 horas daran comenzo as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que organiza a asociación “Nordés”.

As devanditas xornadas desenvólvense no concello de Mañón e estanse a convertires nun referente cultural dos veráns nas bisbarras do Ortegal e A Mariña lucense, atraendo a un bó número de persoas, tanto dos pobos próximos coma visitantes doutros lugares que se amosan interesados polos variados contidos que se presentan nesta actividade de Nordés.

O programa deste ano principia coa conmemoración do centenario da Primeira Guerra Mundial, a cal tivo tamén repercusión en Galiza a pesares de que era territorio neutral. Así, algúns pesqueiros foron víctimas de ataques que supuxeron víctimas mortais entre as tripulacións galegas, ó tempo que os portos de Vigo, Ferrol e A Coruña coñeceron do internamento de barcos e submariños alemáns, o que supuxo tamén o incremento das actividades do espionaxe aliado, francés principalmente.

Pero non soio houbo feitos derivados da confrontación entre os dous bandos, sinon que Galiza, concretamente Ferrol, foi o centro dunha iniciativa saídas dos ámbitos obreiros e libertarios, o Congreso Internacional da Paz, que non puido conseguires os seus obxetivos primarios polo boicot á iniciativa e acoso ós participantes das autoridades españolas.

Para falarnos de todo o anterior e outras consecuencias da Guerra Mundial na vida dos pobos e cidades de Galiza contarase co historiador, e Presidente actual do Ateneo Ferrolán, Eliseo Fernández, erudito xa habitual destas Xornadas que este ano trocan o lugar de realización da maioría dos seus actos, pois terán como esceario o salón de actos da Casa do Concello de Mañón en O Barqueiro.

Por último engadir que está aberta a inscripción para a cea de irmandade que terá lugar o sábado no Restaurante Relojes de O Barqueiro ó prezo de 15 euros por persoa, tendo que chamar ó 653 756 454 (Ricardo) para facer a reserva.

Exit mobile version