Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves terá lugar a presentación do Burela FS Pescados Rubén

aficion_bfsBurela, 19 de agosto de 2014.- O Burela Pescados Rubén realiza a súa presentación o vindeiro xoves día 21 de agosto no pavillón Vista Alegre, a partir das 21.00 horas. As categorías de base acompañarán aos equipos senior que lucirán a nova vestimenta oficial da tempada 2014/2015. Unha tempada máis, o CD Burela FS Pescados Rubén conta con Joma e Living Sport como Spónsor Técnico e os afeccionados laranxas poderán contemplar a nova equipación así como as diferentes prendas oficiais do club. O acto contará coa actuación da Asociación Cultural “Airiños do Xunco”. Ademais os afeccionados poderán gozar da pizza do CD Burela FS Pescados Rubén creada por Galipizza para o evento, non perdas a ocasión de probala!

Exit mobile version