O Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira” de Alfoz e O Valadouro vai estrear en breve a súa sexta obra, a titulada “Os anxos do apocalipse”. Trátase dunha obra relacionada coa temática da fin do mundo. Nela participan nove actores maiores de 15 anos: Daniel Rejes, Claudia Pena, Rocío Sixto, Sabela Quirós, Lara Fanego, Cristina Trigo, Leni Níñez, Zaira Fernández e Andrea Geada. A estrea terá lugar dentro da Semana de Teatro do Valadouro, á que os rapaces da Maseira darán inicio, o vindeiro domingo, día 31 de agosto, ás 22 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro.