Site icon Crónica3.com A Mariña

Estrea da terceira representación do Grupo Humorístico Trípode

O Grupo Humorístico Trípode, integrado por Alberto Níñez, Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” e Pepe Peinó, vai estrear na semana que entra a súa terceira representación. Será o xoves día 4 de setembro, ás 22 horas, na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” de Ferreira do Valadouro. A obra titúlase “Apedreando” e é unha comedia ambientada nunha reunión da concentración parcelaria. A representación estará enmarcada dentro da Semana do Teatro do Valadouro.

Exit mobile version