
A escola de baile Goldance realizou o sábado 16 de agosto unha exhibición no Pavillón Municipal de Alfoz. Ó acto asistiu moito público, que encheu unha boa parte das gradas do pavillón. Bailaron grandes e pequenos, que durante unha hora fixeron as delicias dos espectadores. A escola Goldance está dirixida por Miriam Vivero e Dimas Fernández.