Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición pictórica de Félix Díaz no Casino de Viveiro

el pintor e invitadosViveiro, 27 de agosto de 2014.- A Área de Cultura da Comisión Directiva do Casino de Viveiro Club Náutico comunica que dende o pasado venres 22 de agosto e ata o xoves 4 de setembro inclusive, o pintor Félix Díaz expón a súa obra recente no Casino. A mostra pode visitarse de 11 a 14 e de 18 a 21 horas todos os días.

Desde a directiva invitan a visitar a Sala de Exposicións onde se suceden artistas plásticos galegos, permitindo a viveirenses e turistas coñecer e valorar a súa expresión creativa.

O venres 5 de setembro presentará a súa obra nova José Luis Neira Brochs.

Exit mobile version