Site icon Crónica3.com A Mariña

Festas nas Oiras (Alfoz)

Despois de sete anos sen celebrarse as festas patronais na honra de San Mamede, na parroquia das Oiras, do concello de Alfoz, este ano o Santo verase honrado con dous días de festa. O venres 29 de agosto, celebrarase Santa Misa en louvanza do patrón San Mamede, ás 13.00 horas. Acto seguido, procesión. Despois haberá sesión vermú a cargo do grupo musical Fénix que repetirá á hora da verbena despois do pregón a cargo de Xesús do Breogán de Foz (ás 21.00 horas). O sábado 30 de agosto, tamén haberá misa solemne seguida de sesión vermú a cargo da orquestra Blue Star que tamén amenizará a verbena coa que se darán por rematadas as festas.

Exit mobile version