Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acolle a IV Festa Normanda entre o 22 e o 24 de agosto

Programación da IV Festa Normada que se celebrará en Foz entre o venres 22 e o domingo 24 de agosto:

VENRES 22 DE AGOSTO
12:00 h. Paseo da Ribeira e Porto chico.
Apertura do mercado normando e inauguración da festa e do campamento.
Ao longo de toda a xornada haberá actividades de animación e recreación histórica.
E durante estes tres días se pasas polo campamento normando verás como comían, como durmían, como traballaban e como era un día na vida desta xente.
20:30 h. Monte do Bispo Santo
Pregón oficial, a cargo de Manuel Alberto Fraga.
A continuación representación teatral da lenda polos veciños de San Martiño dirixidos por José Peinó. Coma sempre esta representación sorprenderanos con algo novo.
Esta teatralización rematará cunha cerimonia de pacificación que terá lugar diante do Concello.
Na mesma praza faremos o nomeamento do FOCEGO MAIOR.
A continuación un concerto do grupo “TUMBA E DALLE” que nos fará gozar da festa e nos animará mentres repoñemos forzas.
Na rúa Álvaro Cunqueiro a hostalería dispoñerá de medios para poder cear na rúa e seguir divirtíndose.
Para poder subir ao monte do Bispo Santo, haberá servizo gratuíto de autobuses que sairá do peirao as 19:30 h. e pasará pola Cafetería Xoyma.

SÁBADO 23 DE AGOSTO

11:00 h. Apertura do mercado e arranque das actividades.
13:45 h. Gran representación do ataque normando na Praia de Tupide.
18:00 h. Xogos populares na explanada do peirao. Xogos xuvenís.
-Tiro de paca de palla
-Carreira de pipos
Representación teatral da lenda para os máis pequenos polo grupo “OS QUINQUILLÁNS” no Campo da Cabana
19:30h. Primeiro pase
20:30h. Segundo pase
01:30 h. Funeral viquingo, seguido o son de tambores e a luz dos fachos….

LUDOTECA GRATUÍTA
O sábado dende as 17.30 horas ata as 20.30 horas haberá entretemento para nenos desde 3 a 12 anos.

DOMINGO 24 DE AGOSTO
12:00 h. Apertura e inicio dunha nova xornada
17:30 h. Tradicional cucaña. No peirao.
17:30 h. DESEMBARCO INFANTIL. NA PRAZA CONDE DE FONTAO.
Alí mesmo proporcionarase armas inofensivas para a representación. Se queren fabricar as súas propias armas na casa, poden facelo, sempre e cando sexan con materiais, tales coma o cartón, escuma ou armaflex.
18:00 h. Xogos poulares para os máis pequenos da casa, e si os papás queren, deixarémoslles que xoguen tamén eles.
19:30 h. Vodas viquingas, ¡animádevos! o casamento só dura un ano.
21:30 h. Entrega de premios.
22:00 h. Un gran peche de festa o sorteo para o CRUCEIRO.
¡¡¡¡SORTEARASE ATA QUE APAREZA UN GAÑADOR!!!!

CONCURSOS
– Na cucaña só poderán participar maiores de idade.
– As inscricións para os xogos faranse media hora antes.
– Nos xogos nos que participen menores deberán firmar os pais /nais ou titores legais, o seu consentimento.
– Os xogos de tiro de paca e carreira de pipos terán un número limitado de participantes
VODAS VIQUINGAS (Inscrición media hora antes na praza Conde de Fontao).

III Concurso de Decoración de Establecementos
As bases están dispoñibles na Casa da Cultura onde se poderá formalizar a inscrición ata o 21 de agosto.

Exit mobile version