Site icon Crónica3.com A Mariña

Galipizza&Cía patrocinará ó Club de Remo Ribadeo durante 2 tempadas

_FAR6630Galipizza & Cia e o Club de Remo Ribadeo chegaron a un acordo para que a cadea de cervexarias viveirense patrocine ao renovado clube durante as dúas vindeiras tempadas.

No acto de presentación do acordo, adoptado xa no pasado mes de maio, tomaron parte o presidente do Club, David Rivas Peña e o representante da empresa na localidade ribadense, Antonio Vázquez Cerdeiras; onde presentaron a nova equipación oficial do Club de Remo Ribadeo, que lucirá o logotipo de Galipizza & Cia nas dúas vindeiras tempadas. A súa marca aparecerá estampada no uniforme oficial de competición. Desde o Club de Remo, o seu presidente, manifestou “o agradecemento á empresa que desde o primeiro momento amosou a súa absoluta disposición, sendo unha das primeiras colaboracións privadas que tivo o club.” Neste sentido, tamén aproveitou para agradecer a todas as persoas e empresas que están a colaborar coa nova posta en marcha do club e amosouse satisfeito pola boa acollida que está
a ter a iniciativa.

Antonio Vázquez sinalou que “a aposta de Galipizza & Cia co remo ribadense é total, xa que acreditamos en que o remo en Ribadeo poida volver a ser o que foi e, como parte desta vila, temos que facer o posible por erguelo e apoialo.”

Desde que iniciaron a actividade deportiva para nenas e nenos, o pasado mes de xullo, o Club de Remo Ribadeo está a notar o apoio de todas as persoas e empresas da vila e o contorno. Así, actualmente, atópanse entrenando varios grupos de rapaces e rapazas baixo o mando de Mauricio Monteserín e Miguel Balsa, que están a prestar os seus servizos de xeito totalmente desinteresado.

Outra peza clave do remo ribadense, Miguel Millares, aportou tamén a súa axuda para conseguir
que o club no que milita actualmente, Orio Arraunketa Elkartea, cedese gratuitamente ao club 4 embarcacións que xa se atopan nas dependencias da entidade ribadense.

“É un pracer ver como todo o mundo que pode aportar calquera cousa o está facendo, o que fai que a directiva nos sintamos moi respaldada e ilusionada, porque vemos que é un proxecto no que se implica todo Ribadeo”, agradece David Rivas.

Exit mobile version