Site icon Crónica3.com A Mariña

Galipizza&Cia renova o patrocinio do Burela FS feminino para a nova tempada.

galipizza_patrocinio1415.jpgBurela, 27 de agosto de 2014.- O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén e Galipizza&Cia oficializaron o acordo de patrocinio do equipo feminino da entidade burelesa para a tempada 2014/2015. O presidente do club, Manuel Blanco, e o xerente de Galipizza&Cia, José Manuel Vázquez referendaron a renovación do patrocinio que supón un gran impulso ao proxecto laranxa como indicou o presidente burelés que destacou “a aposta comprometida que realiza Galipizza co deporte en xeral e co Burela FS Pescados Rubén, en particular. Agradecemos enormemente a implicación co club que realiza Galipizza&Cia e esta renovación de patrocinio demostra que somos unha entidade que ofrece unha presenza e visibilidade rendible para as empresas”. 

Pola súa banda, José Manuel Vázquez declarou que “é unha satisfacción para Galipizza&Cia formar parte do proxecto deportivo do CD Burela FS Pescados Rubén. Creemos que o deporte é unha fonte de valores positivos e asociarnos co Burela Pescados Rubén foi un gran acerto. A nosa imaxe de marca reforzouse co patrocinio do equipo feminino e é un orgullo renovar o acordo unha tempada máis”. 

O universo Galipizza&Cia ampliou os seus horizontes este verán; ao locais de Viveiro, Ribadeo e Culleredo (A Coruña) sumou un máis na capital galega. Santiago de Compostela e os seus visitantes poderán gozar da Galipizza nun local innovador e inspirador para compartir historias mentres se deleitan co auténtico sabor de Galipizza. Situado na Avda. Liberdade 12-14, en Santa Marta, a Galipizza compostelana ofrece un ambiente teatral e distendido para gozar cunha boa conversación e unha sabrosa variedade culinaria para degustar o sabor auténtico de Galicia. 

Exit mobile version