Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia e Fernández Valle visitaron o solar que o Concello acondicionará coma aparcadoiro nas inmediacións do Hospital da Costa

210814 Foto BurelaBurela, 21 de agosto de 2014.- O Concello acondicionará un solar de 1.400 metros cadrados coma aparcadoiro nas inmediacións do Hospital da Costa. Este xoves visitaron o terreo o alcalde, José Mª González Barcia, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

O edil popualr explicou que “o Concello de Burela vai acondicionar un solar de 1.400 metros cadrados na confluencia da rúa do Instituto con Rafael Vior para utilizar como aparcamento por parte das persoas que acudan ao Hospital da Costa. Vai ser gratuíto e súmase a outros tres máis que xa están funcionando: en concreto un na rúa Eijo Garay, cunha superficie de 620 metros cadrados; outro na rúa Castelao, que ten unha superficie de 1.300 metros cadrados; e outro máis na rúa Camiño Real, con 1.400 metros cadrados. Desta forma teremos en total 4.720 metros cadrados, que é unha superficie realmente considerable”.

Fernández Valle sinalou que “o que se pretende é desconxestionar unha zona que agora mesmo ten moita concentración de tráfico. Somos conscientes de que hai problemas para estacionar, pero continuando coa liña de traballo deste equipo de goberno o que facemos é intentar buscar solucións a estes problemas que sabemos que existen”.

E engadiu: “precisamente nesta intersección da rúa do Instituto e Rafael Vior dentro dunhas semanas vanse pintar novos pasos de cebra para facilitar o tránsito peonil na zona. É un cruce con moita densidade de tráfico, hai moitos peóns que soben ao hospital andando ou que collen o autobús nas inmediacións; entonces, para mellorar a seguridade dos peóns vaise pintar tres pasos de cebra máis”. O equipo de goberno non descarta que “no futuro se poida acondicionar algún outro solar máis como zona de aparcamentos”.

Exit mobile version