Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia e Pedre mantiveron un encontro este martes coas coidadoras dos comedores escolares

Burela, 26 de agosto de 2014.- Rematou no Concello o encontro que mantiveron o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Educación, Mónica Pedre, coas coidadoras dos comedores escolares dos Ceips Vista Alegre e Virxe do Carme.

Pedre sinalou que “falamos do inicio do curso e xa quedaron distribuídas as coidadoras nos colexios. 5 traballarán no Virxe do Carme e 4 no Vista Alegre”. A concelleira de Educación agarda que “o curso empece con total normalidade. O que estamos a facer estes días é unha posta a punto de cara á inminente chegado do próximo curso escolar”.

Exit mobile version