Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe popular a José Pulpeiro Doval en Ribadeo

jose-pulpeiroRibadeo, 20 de agosto de 2014.-O vindeiro sábado 6 de setembro desenvolverase no Restaurante Voar de Ribadeo ás 14.30 horas unha homenaxe popular a José Pulpeiro Doval, ex-presidente do Ribadeo F.C. (1984-2013) e presidente do Club Ciclista Pedaleo 1983-2013.

Un grupo de amigos do que fose Presidente do Ribadeo F.C. durante 29 anos e do Club Ciclista Pedaleo durante 30, decidimos organizar esta Homenaxe Popular a “Pepe Gayopín” como é coñecido en Ribadeo.

Despois de que a Xunta de Galicia lle concedese a medalla ao mérito deportivo este verán, entendiamos este grupo de amigos que unha persoa que deu tanto en particular ao Ribadeo F.C., así como ao ciclismo e a Ribadeo en xeral non podía quedar no esquecemento un merecido recoñecemento ao seu labor ao longo de tantos anos de dedicación aos seus veciños.

“Esperamos contar coa presenza de ex-directivos e directivos, ex-xogadores e xogadores, ex-adestradores e adestradores, así como de todas aquelas institucións, amigos e afeccionados que se queiran sumar este acto. Dende aquí vaia por anticipado o noso agradecemento”.

Retirada de tarxetas ata o día 4 de setembro en: Bar Breoghan, Bar La Cosechera, Cafetaría Madison, Bar Queimada, Foto Legaspi e no propio Restaurante Voar.

Exit mobile version