Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguración da mostra pictórica de Félix Díaz no Casino de Viveiro

O Casino de Viveiro, Club Náutico inaugurou a súa Sala de Exposicións o pasado 12 de xullo e dende entón xa teñen pasado por ela os artistas Miguel Camarero, Luis Pachón e Paco Ascón. Este vernes 22 de agosto presenta a súa mostra Félix Díaz a partir das 20.30 horas. Trátase do desexo do Casino por “achegar a viveirenses e visitantes as obras de pintores e escultores galegos contemporáneos para coñecer e valorar o noso”. Neste caso, a mostra pictórica de Félix Díaz permanecerá aberta ata o xoves 4 de setembro de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Exit mobile version