Site icon Crónica3.com A Mariña

Incongruencias

O turismo é sector en expansión, de vital importancia económica. Facelo compatible coa protección do medioambiente é primordial para acadar o obxetivo de “sostible” que permita un planeamento ordenado e respetuoso coa natureza e evitar a destrucción por mor dun desarrollo nefasto para os valores que son razón dun mercado baseado nos atractivos naturais: a beleza e armonía; os amplos espectros da cultura ; o interese da historia e de canto poda atraer a atención de quen se complacen nela e no coñecemento, estudo e observación dos testemuños de feitos pasados.É frecuente que se derruben vellas construccións que conservarían o significado histórico e a lección de vida, que moitos deles ofrecen, para sustituílos por mamotretos amorfos, que nada din histórica, arquitectónica, nen estéticamente, en accións depredadoras; os exemplos son abondosos.

Dende hai unha ducia de anos que os políticos cubríronse de groria coa agresión ó mais valioso e sensible espacio natural, instalando a depuradora na ría e o entorno do porto de Foz,converteron a vila en lugar de permanentes e noxentos cheiros que deterioran moi gravemente o medio, producindo os efectos mais incongruentes co que debe ser obxetivo irrenunciable das xentes do concello, gobernantes e oposicións.Poucos días hai, un forasteiro que pasaba pola rúa Concepción Arenal, ante o abafante cheirume que detectaban as pituitarias, preguntou a unha veciña se naquel entorno – entre a Casa da Cultura e a Gardería Infantil -existían piaras de porcos ceibes: Cando soubo a verdade o home só preguntou: “¿e a veciñanza tolera esta cochambre…?”

¿Cal será o futuro da depuradora?. Partidos na Corporación, en patéticas incongruencias, trocan a estratexia; desdícense do dito, e algúns defenden, ampliada a súa capacidade, a permanencia na ría, para que, supoñemos, a eventualidade dun incidente na mesma, resulte contundente . O inxenio popular, que non falta, á vista dos efectos evidentes, ten definidos os ultimos 20 anos da xestión municipal, como “a era dos políticos da merda” ; e non se trata, precisamente, dunha incongruencia. ..Penoso!

Exit mobile version