Site icon Crónica3.com A Mariña

Jaime Cancio dimite como concelleiro de Unifoz e reincorpórase ao PSOE

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFoz, 28 de agosto de 2014.- Jaime Cancio, ata hai uns días concelleiro de Unifoz, ven de presentar a súa dimisión como tal para reincorporarse ó PSdeG-PSOE. Reproducimos o texto da súa rolda de prensa de dimisión:

Bos días e moitas grazas pola vosa presenza.

Convocamos esta rolda de prensa, para informar aos veciños de Foz, con luz e taquígrafo, da miña dimisión como concelleiro de UNIFOZ e o paso ao grupo mixto ,xustificada pola decisión de solicitar a alta como afiliado ao PSdeG de Foz.

Quero aclarar que a miña decisión é a de entregar a acta de Concelleiro a UNIFOZ, para que actúe da forma que considere, pois eu considero que no actual sistema democrático de listas pechadas, as actas son dos partidos nos que nos presentamos, pero por petición e decisión de UNIFOZ, seguirei presente na Corporación, para seguir traballando polos veciños/as de Foz, do mesmo xeito e cao mesma intensidade que o fixen en tempos pasados.
Jaime Cancio, marcha do P.S.de G a finais do ano 2010, cun expediente e solicitando o proceso de primarias,democracia… hoxe solicito a alta no P.Socialista coincidindo con convocatoria de primarias.

Para min esa decisión nada fáci é como o “regreso a casa” , e ben certo de que en un ambiente ben distinto no que deixei de ser militante no ano 2010, pois eu sempre defendín listas abertas, primarias, onde os cidadans ou en este caso os afiliados/as decidan con voto directo que queren que os represente.
Eu me criei en política co PS de G, dende o ano 1.995 ata o ano 2010, e en esta formación quero traballar ata a miña xubilación política.

As miñas aspiracións son e serán a de ser afiliado ao PS de G, cos mesmos dereitos e obrigacións que calquera outro afiliado da agrupación de Foz.

Na situación actual e despois da experiencia de catro anos perdidos para Foz con este G. do PP de Foz, Foz necesitará un equipo forte para traballar na recuperación de valores e dignidade social, e sobre todo na calidade dos servizos básicos.

E o fago para sumar e non para restar, par unir e non para devidir..pero sobre todo por a miña convición de unha necesaria e máis que nunca política social e democrática, que traballe en prol da xustiza, e da igualdade de oportunidades nun momento onde os gobernos de Foz, de Galicia, e de España, están atentando todos os días contra estes dereitos dende que empezaron a gobernar, e necesario máis que nunca a recuperación da dignidade social.

Quero agradecer coa man no corazón a estes homes e mulleres que formamos UNIFOZ, o seu traballo, a súa confianza e a súa amizade, pois podo asegurar que que UNIFOZ, foi do máis fermoso que poiden disfrutar en política, e tamén dunha forma especial a eses preto de 1.300 votantes que apostaron no seu día por nos, a quen quero trasmitir que seguirei defendendo aquello con que nos comprometimos para ter un Foz mellor.

A xente de UNIFOZ, quedará cumprindo o compromiso acadado cos veciños de Foz, en particular con aqueles que nos depositaron a confianza ata o remate de lexislatura, aínda que para todo iso mellor paso a palabra a presidenta de UNIFOZ, Ana López Campoamor. – Jaime Cancio

Bos días.
En primeiro lugar quero deixar claro que esta decisión de Jaime Cancio, non é ningunha fuxida, e é algo que compartimos en UNIFOZ.

UNIFOZ, non quere a acta de Jaime Cancio, e pídelle que siga traballando na Corporación Municipal dende o grupo Mixto ata o remate da lexislatura.

Tomamos esta decisión, por considerar que é o mellor para Foz,poder seguir contando na Corporación coa aportación da persoa que máis experiencia política da Corporación, así pois creemos que as súas aportacións dende o grupo mixto, serán boas para o pobo.

Queremos informar as veciños, que UNIFOZ, seguirá cumprindo o seu compromiso co pobo de Foz, e en especial con quen depositou a confianza en nos ata o final da lexislatura.

Queremos tamén dar a coñecer o nos traballo ao longo de estes anos, dende a oposición, con numerosas propostas en positivo, para construír Foz, así como apoiar ao E.G do PP de Foz, en aqueles puntos que consideramos son positivos para Foz, aínda que de fronte encontramos a un PP de Foz,nulo, nefasto para o pobo, e que nin é capaz de executar os diferentes acordos plenarios, aprobados por unanimidade pola corporación.

Unifoz, seguir na súa dirección de traballo, preocupándose polos problemas dos veciños /as,,e facendo propostas para poder aportar solucións aos mesmos… sen que esta decisión modifique para nada a nosa linea de traballo, e seguiremos pois traballando por Foz. – Ana Mª López Campoamor

Exit mobile version