Site icon Crónica3.com A Mariña

José Antonio Varela, vencedor na III Subida á Pontenova

José Antonio Varela Juan proclamouse vencedor da III Subida á Pontenova do Campionato Galego de Montaña 2014 que se celebrou entre o 16 e o 17 de agosto de 2014.

Por detrás, pero tamén no podio, remataron Jacobo Sobral e César Rodríguez, segundo e terceiro da xeral, respectivamente.

Enrique Lombardía, sexto, foi o mellor entre os locais rematando a proba a 15 segundos do primeiro clasificado.  E na categoría de histórico, Rafael Bustelo fíxose co título a 15 segundos do segundo clasificado.

A clasificación completa pode descargarse a través da web dos organizadores: Escudería A Pontenova.

Exit mobile version