Site icon Crónica3.com A Mariña

José Luis Lolo Celeiro, nomeado representante da Deputación na Fundación Galicia Obra Social

jose-luis-lolo-celeiroLugo, 29 de agosto de 2014.- A Xunta de Goberno Provincial deste venres aprobou o nomeamento de José Luis Lolo Celeiro, como representante da Deputación de Lugo na Fundación Galicia Obra Social. Martínez explicou que, por primeira vez, o organismo lugués ten representación nesta Fundación, logo da modificación dos seus Estatutos, que ofrecen ás 4 Deputacións galegas designar cadaseus patróns; así como ós 7 Concellos de maior poboación na Comunidade; ó Parlamento de Galicia, con 4 patronos máis; á Xunta, con outros 3 representantes, nomeados dende as Consellerías de Facenda, Traballo e Cultura; e 1 designado polos propios traballadores da Fundación. Son 19 patronos que, xunto a outros 9 de ABANCA, suman un total de 28.

Tal e como recollen os Estatutos, os patronos non poden ser persoas que exerzan un cargo por mandato representativo, nin dirixentes políticos ou representantes de organización sindicais e empresariais. Deben ser persoas con coñecementos e experiencia en materias que son obxecto da actividade da Fundación: económica, financeira, xurídica, social, cultural, científica, artística ou educativa.

A Deputación de Lugo nomea a José Luis Lolo Celeiro pola súa ampla traxectoria e vinculación con entidades sen ánimo de lucro no ámbito da asistencia social e integración de colectivos marxinais ou en risco de exclusión. Celeiro forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), de Agora (Asociación de Minusválidos da Comarca de Lemos), así como do Grupo Empresarial Galego de Economía Social, cuxo actividade se centra na creación de emprego de calidade para persoas con discapacidade. Foi membro fundador da Federación de Asociación de Persoas con Discapacidade de Lugo, director do Centro de Recursos para a Discapacidade de Fingoi e Secretario de Auxilia Lugo.

Exit mobile version