Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de cen persoas participaron na observación astronómica do domingo en Ribadeo.

260814 Foto observacion Ribadeo 2Ribadeo, 26 de agosto de 2014.- Máis de cen persoas acudiron o pasado domingo á observación astronómica que tivo lugar no praza de España, organizada pola Concellaría de Medio Ambiente de Ribadeo e pola Universidade de Santiago de Compostela. O edil Horacio Cupeiro explicou que “á cita acudiron moitas persoas, que se atopaban por aquí de vacacións, e tamén veciños de Ribadeo. Moitos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, xente nova e tamén adultos”. O concelleiro de Medio Ambiente subliñou que “todos gozaron desta observación porque puideron ver os anillos de Saturno e de Venus, así coma diferentes constelacións”. Dous astrónomos dirixiron a observación, tarefa para a que contaron con dous telescopios. A vindeira observación astronómica terá lugar o 6 de setembro ás 22:30 horas en Remourelle.

Exit mobile version