Site icon Crónica3.com A Mariña

Martín Pardiñas supérase no desafío de Somiedo e Ana Vallines gaña en Ares

A sección de atletismo das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo estivoe representada en dúas probas. Dunha banda Martín Pardiñas desprazábase a Asturias para participar nunha proba de gran dureza física e de montaña en Somiedo e, por outra, na prestixiosa Milla de Ares (A Coruña).

Martín Pardiñas participou no DESAFIO SOMIEDO que aporta puntos de calificación para “Ultra-Trail du Mont-Blanc” e conta cun percorrido de 46km e 5.000m de desnivel acumulado, coroando picos de máis de 2.000m de altitude.

Despois da proba, Martín declaraba: “A carreira preciosa pasando por paraxes marabillosas. Eu cunha mezcla de sensacións. Sentíame ben, forte, con moita enerxía; pero no km 15 por un erro de concentración torcín un nocello e tiven que seguir pelexando contra a dor e conseguín manter bastante o nivel ata o km 27 máis ou menos. A partir de ahí baixei moito o rendemento e xa me esquecín dos tempos e o único que quería era chegar. Ó final conseguino moi contento por vencer a dor, por sobrepoñerme a min mesmo, por non renderme e aprender a sufrir esa dor que me minaba paso tras paso. Algo “triste” aínda que non é triste a palabra por non poder correr ó meu máximo nivel. Ó final 6h 27min. e 79º de 300º. Recoñezo que aprendín máis acabando así que se chegara con bo resultado”. Tamén quixo “dar as grazas a tod@s os que me apoiades sempre. Con vos é máis fácil. A Lucía por ser a que está ahí día tras día, a meus pais por axudarme, Siro (o mestre) por saber o que dicirme sempre, a Valoria, a Xan co que compartin esta experencia na cal él correu o Ultra (86km) e non teño palabras para definir a este pedazo de montañeiro que fixo un tempo de 12h con problemas de estómago e tormenta incluída ensinándome un montón de cousas deste mundo da montaña. Tamén ós meus amig@s que con ese regalazo me acompañaron toda a carreira. E, como non, ós compañeiros das Escolas Deportivas Lourenzá por estar pendentes de min. Agora toca recuperar o nocello e volver a correr”.

Milla de Ares
Ademais, a sección estivo representada na provincia de A Coruña na prestixiosa Milla de Ares onde destacacou o triunfo en categoría alevín feminino de Ana Vallines.

Tamén participaron en Pitufos Emma García (6ª), en Benxamín, Carmen García(5ª) e Fernando Vallines (6º); así coma María Vallines en alevín feminino (8º).

A vindeira cita da sección será o sábado 9 de agosto na Popular de Os Villares en Guitiriz.

Exit mobile version