Site icon Crónica3.com A Mariña

Martínez espera que “o PP tamén rectifique coas Leis do Aborto ou da Seguridade Cidadá” logo de facelo co anteproxecto da planta xudicial debido ó rexeitamento de toda a cidadanía

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez valorou a “rectificación do Partido Popular” sobre o anteproxecto da planta xudicial. O voceiro salientou que “alégrome de que o PP recapacitase logo das protestas desta Deputación, dos Alcaldes, da oposición e de toda a cidadanía, aínda que, vindo dun Goberno mentiroso, que fai o contrario do que di, recibo esta nova con prudencia. Estou profundamente preocupado porque os gobernos do PP en España e Galicia son pouco serios. E o que é peor, teño a sensación de que as únicas boas noticias que chegan dende a dereita son as que se producen cando dan marcha atrás e se rectifican a si mesmos. Primeiro deixan ver a súa cara real, por exemplo coa reforma xudicial ou coas Leis de Seguridade Cidadá e do Aborto, para comprobar ata onde aguantan os cidadáns. Logo, ó ver o rexeitamento que producen as súas políticas e darse conta de que hai eleccións cerca, rectifican ata mellor ocasión. Espero que tamén rectifiquen coas leis do Aborto ou da Seguridade Cidadá e non continúen coa privatización dos dereitos ós cidadáns”.

Exit mobile version