Site icon Crónica3.com A Mariña

Mayra García critica que o goberno de Feijóo non defenda o sector lácteo

A Mariña, 1 de agosto de 2014. A coordinadora comarcal do PSOE da Mariña, Mayra García, critica que o goberno da Xunta de Galicia non defenda un sector estratéxico, para a nosa comarca e tamén para a nosa comunidade como é o sector lácteo.

A día de hoxe os gandeiros galegos volven a vender o leite por debaixo dos custes de producción, sendo a nosa comunidade autónoma a principal productora de leite de España.

O leite producido en Galicia, ten os prezos mais baixos de España e un dos menores de Europa, rematando a etapa de suba de prezos coa mesma debilidade que tiña o sector antes da suba de prezos.
Unha suba de prezos necesaria para cubrir os custes de producción, cada vez máis incrementados, porque os custes da alimentación representan máis do 50% dos ingresos brutos das explotacións. A isto engádese a suba dos prezos da enerxía eléctrica, do gasoil, dos fertilizantes, da seguridade social e a falta de vontade por parte da Xunta de apoiar ó sector.

A coordinadora socialista insiste en que mostra diso son as reduccións orzamentarias ano tras ano por parte do goberno da Xunta de Galicia para os plans de mellora das explotacións agrarias, é decir, para as axudas para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalación e equipamentos agrarios en réxime asociativo. A estas reduccións engádese a reducción de plazo para solicitar as licencias municipais e as reduccións de persoal nas axencias de extensión agraria co ánimo de centralizar como están a facer con resto de servicios.

Fai tres meses, pouco antes das eleccións europeas, representantes do PP na nosa comarca, mostrábanse moi optimistas e satisfeitos co prezo do leite en orixe, coa lei da cadea alimentaria e coa aplicación do paquete lácteo.

Pois ben, agora trasládanlle a responsabilidade do problema da baixada do prezo do leite en orixe ós propios gandeiros en vez de defendelos. Ata o Ministerio de Agricultura advertiu do fracaso da aplicación do paquete lácteo e instou á súa modificación. A día de hoxe non sabemos cales son as propostas da comunidade autónoma co maior número de produtores, mais alá de que hai meses a conselleira de Medio Rural dixera que non había nada que modificar.

Dende o PSOE da Mariña esixímoslle á Xunta que reclame a modificación urxente do paquete lácteo para que realmente regule os contratos entre produtores e industria, que introduza a figura do mediador e estableza un réxime eficaz de sancións. Ademais, reclamamos que os contratos lácteos teñan unha duración mínima de dous anos para adaptarse ao novo escenario sen cota láctea e así non finalicen os contratos coa campaña de producción e que mostren o compromiso co sector aumentando as partidas orzamentarias para os plans de mellora das explotacións agrarias.

Tamén lle esiximos á Xunta que harmonice un plan dende o Ministerio en conxunto coas comunidades autónomas para a xestión dos últimos meses de cota láctea, evitando o descontrol da sobreprodución. Así, solicita un parámetro de sobreprodución individual que evite o pago dunha multa millonaria, as retencións aos gandeiros e gandeiras e a distribución equitativa da sobreprodución.

Mayra García advertiu que a aplicación dunha multa láctea xusto na última campaña antes da desaparición do sistema de cotas pode poñer en perigo a recollida do leite e a viabilidade dun sector estratéxico, como é o lacteo.

Exit mobile version