Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio cento de alumn@s da escola de columna e de ximnasia preventiva de Burela viaxarán a Xixón o mércores

Burela, 2 de agosto de 2014. Dentro do programa Turismo de saúde da Concellaría de Servizos Sociais e Sanidade o vindeiro luns, 4 de agosto, haberá unha andaina, a partir das doce da mañá, polo porto e por outros lugares de interese de Burela ata chegar ao Cantiño. Segundo explica Diana Durán “trátase de realizar unha xornada de exercicio ao aire libre. Arredor de 50 persoas da escola de columna e da ximnasia preventiva acudirán a esta cita”.

Os participantes xantarán xuntos no Cantiño “no que será a súa comida de fin de curso, aínda que si chove trasladaranse á praza de abastos. O que farán será gozar dunha xornada ao aire libre facendo tamén exercicio”, engadiu a concelleira de Servizos Sociais e Sanidade.

E o 6 de agosto partirán cara Xixón ás sete da mañá desde a estación de autobuses de Burela “para disfrutar dun día de talasoterapia. A partir das 9:30 horas participarán nun circuíto termal de tres horas de duración. A mediodía terán un xantar tradicional asturiano nun lagar da cidade. Despois da comida farán unha visita guiada ao Lagar da Sidra e a partir das 17 horas visitarán tamén as termas romanas de Xixón. Agardamos que pasen un día moi agradable por terras asturianas”, dixo Diana Durán.

Exit mobile version