Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo mantén o seu xulgado

Cando fai unas semanas os populares de Mondoñedo denunciabamos a situación do aparcadoiro dos xulgados, outro espazo no que o alcalde permite que creza sen control a maleza e toda clase de herbas e arbustos, o rexedor nacionalista, visiblemente molesto, porque deixábamos en evidencia a situación de abandono na que mantén innumerables espazos públicos, aconsellábamos preocuparnos “máis polos xulgados e menos polas herbas”

Hoxe, cando os mindonienses temos unha razón máis para felicitarnos, como é a confirmación de que a reforma do mapa xudicial blinda a continuidade dos xulgados de Mondoñedo e o mantemento do seu partido xudicial, un motivo de especial satisfacción para a nosa localidade, demóstrase que deron froito todas as xestións que desde fai meses, en silencio pero con determinación e tras coñecerse os primeiros compases do anteproxecto de reforma xudicial impulsamos os populares.

Desde o PP traballamos a todos os niveis para dar a coñecer a importancia do mantemento das sedes xudiciais. Para explicar por que Mondoñedo necesita contar co seu xulgado. Dirixíndonos ao propio Gallardón e impulsamos distintas iniciativas e unimos forzas coas xestións que se promovían desde o Goberno galego para que se tiveran en conta a singularidade de Galicia. E hoxe podemos dicir que conseguímolo.

Mentres, continuamos á espera de que o alcalde faga os seus deberes: Nin se preocupou polos xulgados, con xestións reais, nin polas herbas. Orlando González, á quen tanto lle gusta facer declaracións grandilocuentes non é capaz de dar a talla á hora de resolver os problemas máis simples, pero sufre unha incontinencia imprudente á hora de poñer deberes aos demais. No entanto, os veciños de Mondoñedo sufrimos unha situación de abandono total por parte do Concello, síntoma do esgotamento dun proxecto, que se derruba cada día que pasa.

O bipartito mindoniense e, moi en especial, a figura do seu alcalde, capitanea un Concello sen rumbo, sen iniciativa, sen capacidade de afrontar retos ou achegar investimentos en beneficio dos seus veciños. Sufrimos un alcalde que perde a forza pola boca pero que, á hora da verdade, nin é resolutivo, nin se preocupa polo seu pobo. En Mondoñedo, se fora por Orlando González o único que crecen son as herbas, metáfora viva, dun proxecto político en decadencia.

Carta aberta do Comité Executivo do PP de Mondoñedo e Elena Candia

Exit mobile version