Site icon Crónica3.com A Mariña

“Nunca máis. A rebelión dun pobo” e ‘Encallados’, en Ribadeo

Continuando coa programación de verán da A.C. Francisco Lanza, abre este martes na sala de exposicións da OMIC de Ribadeo, a mostra fotográfica “NUNCA MAÍS. A rebelión dun pobo” onde se poderá ver ademais o paxaro articulado que se fixo tamén símbolo das manifestacións. A exposición, preparada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, permanecerá en Ribadeo até o 31 de agosto, logo de estar en San Cibrao, Viveiro e Mondoñedo. Ademais, o día 26 ás 20.30 horas no Teatro proxectarase o filme Encallados, de Zarauza, unha visión máis do que foi a maior catástrofe ecolóxica do noso país.

Exit mobile version