Site icon Crónica3.com A Mariña

O Casino de Viveiro inaugura unha mostra plástica de Félix Díaz

expo-felixdiazO Casino de Viveiro inaugura o venres 22 de agosto, ás 20.30 horas, a mostra plástica coas obras de Félix Díaz. Nacido en Lugo en 1955, o artista di: “Pintar é unha necesidade vital de expresarme ante a beleza que contemplo. Os meus temas son sencillos… aínda que non simples: A Terra… La Mar. A nosa Terra, a terra seca, a terra adentro, a terra firme que tanto se bota de menos cando se está embarcado; e o Mar, lugar de infinitos camiños cara a outras beiras, que tanto se bota de menos cando se está lonxe dela”. A exposición permanecerá aberta ata o xoves 4 de setembro de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Exit mobile version