Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Lugo conquista o seu terceiro Emma Cuervo

O CD Lugo conquistou este sábado o seu terceiro trofeo Emma Cuervo. Os de Quique Setién fixéronse en Ribadeo co vicedecano dos torneos veraniegos na tanda de penaltis tras empatar a 2 goles ante o Sporting de Xixón.

A poucos minutos do comezo Pavón anota de cabeza tras un pase de Jonathan Valle que provocou a ralentización do xogo por parte dos lucenses. Os asturianos aproveitaron entón o xogo preto da área de José Juan para presionar. Cando estaba a dominar o partido, pouco antes do remate da primeira parte, o colexiado pita un penalti de Lora a Iago Díaz que transforma Manu. O propio Iago Díaz tivo outra ocasión antes do descanso igual que o Sporting nos pés de Álvaro Bustos que anotou fóra de xogo.

No lugar deste último entra Jony a comezos da segunda parte e Dani Mallo sustitúe tamén a José Juan na portería do Lugo que recibiu un tanto de Guerrero tras un centro de Rachid en pleno diluvio. Co terreo de xogo empapado, o capitán do Lugo marca en propia meta nun intento fallido por desviar o balón. Estas condicións meteorolóxicas parecían non afectar ós asturianos que tiveron a ocasión de adiantarse cun disparo ó largueiro despois doutro ataque de Jony. Álvaro Peña tamén tivo oportunidade de sentenciar o partido para o Lugo a 10 minutos do seu remate nun penalti sobre Lucho que rematou no travesaño. O Sporting buscou o terceiro que chegou cun gol de Serrano anulado por fóra de xogo.

Cun empate a 2 goles, o trofeo decidiuse nos penaltis baixo unha intensa choiva a favor dos branquivermellos.

Exit mobile version