Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo Chilindrín Penalba presentou as contas das Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2014, cun resultado positivo de 65,69€

Celeiro, 30 de agosto de 2014.- O Colectivo Chilindrín Penalba, presentou públicamente na tarde de onte, as contas das festas patronais e do mar de Celeiro 2014. A asociación de Celeiro, coma cada ano durante os últimos cinco q levou adiante a organización das festas patronais, explica ás veciñas e veciños de Celeiro a contabilidade detallada das Festas para o seu coñecemento público.

O resultado resumido das contas do ano 2014 é o seguinte:

Ingresos: 58.378,74 €
Gastos: 58.313,05 €
Superávit: 65,69 €

Dende o Colectivo Chilindrín Penalba agradeceron a colaboración de todas as veciñas e veciños de Celeiro, das empresas de Celeiro e do resto do Concello, de Puerto de Celeiro SA e da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, e ao Concello de Viveiro, sen a colaboración de todas e todos, non sería posible a organización das Festas Patronais e do Mar Celeiro 2014.

Así mesmo, a asociación, aproveitou a ocasión para anunciar, que a actual comisión de festas, deixa a organización logo de cinco anos consecutivos. Os integrantes da Comisión, agradeceron a colaboración de todas e todos os que dun xeito ou outro colaboraron na organización das Festas de Celeiro 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014.

O Colectivo Chilindrín Penalba, ponse á disposición da futura comisión de festas, para entregar toda a documentación relativa á organización e contabilidade das festas, así como a colaborar en todo o que sexa necesario coa nova comisión que tome as rendas da organización.

Exit mobile version