Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo apraza o Torneo de Pádel por un acto vandálico na pista de Cuíña

Cervo, 19 de agosto de 2014.- O Concello de Cervo informou hoxe de que vai pospoñer o Torneo de Pádel programado para os días 20 e 21 de agosto dentro das Noites Alternativas. O motivo son os destrozos ocasionados nun dos cristais de protección da pista de pádel de Cuíña nun acto vandálico durante a fin de semana da festa da Maruxaina.

Dende o Concello levan tempo traballando para reparar os desperfectos pero está sendo imposible dispoñer dun novo cristal de protección para os días do torneo, polo que a delegación de Deportes vese obrigada a aprazalo. Desta maneira, en canto a pista estea reparada informarase dunha nova data para esta competición.

O Concello de Cervo condena este tipo de actos contra o mobiliario urbano e lembra que “os lugares públicos, coma neste caso as instalacións deportivas, son de todos, e ao igual que todos temos o dereito de desfrutalas, tamén temos a obriga de respectalas”, asegura o edil de Deportes, Luis Guillén.

Exit mobile version