Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora na segunda limpeza da ría de San Cibrao

limpeza_sanciprianCervo, 28 de agosto de 2014.- Decenas de persoas, entre voluntarios de Alcoa, do Club Limosa Surf, veciños e persoal do Concello participaron hoxe na segunda limpeza na ría de San Cibrao. Unha iniciativa medioambiental coa que todas as persoas, colectivos e administracións implicadas comparten o obxectivo de mellorar e poñer en valor o noso contorno natural. En concreto, a actuación desenvolveuse no tramo próximo á carpintería de ribeira, onde os voluntarios e colaboradores retiraron quilos e quilos de residuos, axudados da maquinaria achegada polo Concello.

Unha acción coa que se deu continuidade á limpeza realizada o ano pasado, na que se fixeron uns traballos semellantes no tramo entre a ponte medieval e a ponte de San Ciprián e que contou cos mesmos impulsores e colaboradores.

A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, valorou moi positivamente “la preocupación y la implicación en el cuidado y mantenimiento de nuestros espacios naturales de todos los colectivos participantes” e agradeceu a iniciativa destacando que “ha sido posible con los esfuerzos y el trabajo conjunto de todos”.

Ao mesmo tempo, Alonso destaca a vocación de “continuidad” de esta iniciativa, pero facendo fincapé na importancia de que “estas actuaciones vayan acompañadas de una actitud responsable por parte de toda la sociedad, que cuide y respete nuestra riqueza natural y todos los lugares públicos en general”. “Después de esta limpieza esperamos que la ría se mantenga limpia mucho tiempo, porque eso significaría que todos disfrutamos de nuestro entorno con responsabilidad”.

Exit mobile version