Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello xa está a pagar as subvencións concedidas neste 2014 a diversas asociacións de Burela

Burela, 27 de agosto de 2014.- O Concello xa está a pagar as subvencións concedidas neste 2014 a diversas asociacións do municipio, segundo ven de anunciar a concelleiro de Economía, José Casas.

O edil popular explicou que “na xunta de goberno de onte aprobamos a xustificación de tres subvencións. Foron as presentadas por Amigos do Monte Castelo, AFD Porto de Burela e Asociación de Axuda ao Enfermo Mental de A Mariña. En total: 10.000 euros”.

Casas indicou que “a idea do equipo de goberno é abonalas todas a medida que vaian presentando as xustificacións correspondentes” e lembrou que “o ano pasado recuperamos a concesión de subvencións ás asociacións de Burela e neste 2014 xeneralizouse e practicamente todos os colectivos reciben achegas económicas do Concello”.
O concelleiro de Economía subliñou que “a nosa intención é manter a liña que estamos a seguir en materia de subvencións”.

Exit mobile version