Site icon Crónica3.com A Mariña

Ó! Cultural promove un espectáculo musical o venres 8 de agosto: Z.O.F.

Ó! CULTURAL presenta unha nova proposta: Z.O.F. Trátase dun final de venres ben tolo que terá lugar o 8 de agosto en Foz “no chá das nosas odiadas-amadas torres”.

A idea pasaba comezou coma o Día da Xuventude ó que “quixemos darlle a volta porque nos gusta que sexa para a xente nova, madura e vella, todos xuntos, un día para as persoas…e de aí o de Z.O.F., Foz ó revés. É o xogo do contrario, do cambio de perspectiva. E escribímolo en maiúsculas separadas por puntos porque cada letra correspóndese con cada unha das torres. E outra viraxe, en lugar de polo día, será á noite, que sempre é máis interesante”.

“Tamén seguimos co cambio de concepto e deixamos a habitual e fermosa zona da ribeira para outra ocasión.Ímonos a un entorno máis feo para darlle cor, tono e luz, as nosas “salvaxes” torres. Nesta nova liña, temos preparado un espectáculo musical divertido e moderno que anime a xornada e que sexa o primeiro prato dunha noite para a lembranza”.

Comezará co rock instrumental dos vigueses Pedrito Diablo Y Los Cadáveras, seguirá cos desfasados compostelás de Novedades Carminha e rematará coa electrónica funk urbana dos lucenses Funkombo, cortesía dos nosos amigos do Tentacle Little Summer Fest.

Exit mobile version